Instalacións deportivas

Equipamentos deportivos con placas de resinas fenólicas,
a resistencia e a limpeza como metas.

Superficies non porosas. Mínimo mantemento.
Solidez e resistencia.
Adaptable a calquera proxecto.

A hixiene, limpeza e a resistencia a manchas e substancias químicas son requisitos fundamentais en ambientes interiores deportivos e de traballo. Os produtos elaborados a partir de placas de resinas fenólicas conlevan, nun grao moi elevado, propiedades hixiénicas, de dureza e resistencia que os converten en produtos altamente recomendados para as seguintes aplicacións:

- Cabinas de aseo, ducha ou vestiario.
- Encimeiras para lavabos, camerinos ou de traballo.
- Bancos de vestiarios.
- Taquillas ou armarios.
- Revestimento de paramentos verticais en interiores.

Asi mesmo, a variedade de cores, acabados e texturas, a versatilidade formal e a flexibilidade nas medidas dispoñibles, fan das placas de resinas fenólicas o elemento idóneo para a consecución das aplicacións anteriormente referenciadas cun alto valor engadido.