FACHADA VENTILADA

Fachada ventilada, a solución que procuraba.

Entre un 25% e un 40% de aforro enerxético.
Redución dos costes de acondicionamento.
Mellor comportamento ante o deterioro.

A Fachada Ventilada con placas de resinas fenólicas é un sistema de revestimento, consistente na fixación dun sistema de perfís á cara externa dos muros. Esa cara externa estará protexida polo illamento, mentres que os perfís permiten crear unha cámara de aire entre o muro e o material de remate externo, á vez que estos mismos perfís fan ás veces de soporte das placas ou elementos escollidos como material de decoración.

A técnica de Fachada Ventilada con placas de resinas fenólicas facilita, entre outras cousas, que o aire na cámara creada circule grazas ás diferenzas da presión do aire e de temperatura que existen a todo o alto do edificio (efecto chiminea). Nun clima frío, isto fai que a auga condensada na parte traseira do cerramento se seque. Pola contra, nun clima caluroso, a circulación do aire enfría as capas interiores da construción e de este xeito reduce a demanda de enerxía refrixerante, o que implica un aforro dos costes de aire acondicionado.