REHABILITACIÓN DE FACHADAS

Rehabilitación de fachadas con placas de resinas fenólicas,
unha inversión rentable.

Aforro enerxético: menor gasto en calefación e aire acondicionado.
Revalorización do patrimonio.
Maior nivel de confort.

Unha rehabilitación co sistema de fachada ventilada con placas de resinas fenólicas contribúe a mellorar o comportamento térmico do edificio reducindo o consumo de enerxía ata un 40%. O aforro en enerxía asociado á renovación da fachada fai que a inversión inicial se poida recuperar en poucos anos.

Grazas á rehabilitación, conséguese unha revalorización do inmoble superior á inversión realizada na fachada do mesmo. A ampla gama de cores, acabados e texturas das placas de resinas fenólicas e a adaptabilidade do produto (formas e medidas), potencian a sensación dun edificio renovado e actualizado.

A rehabilitación co sistema de fachada ventilada con placas de resinas fenólicas, proporciona illamento térmico e reduce a dispersión da calor nos meses fríos e a absorción deste nos meses cálidos, obtendo temperaturas confortables no interior das vivendas.